16/05/2012

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE

Nesta semana Marta, Olalla e Lara contáronnos o derradeiro conto deste curso: A miña amiga a escuridade.
A nosa protagonista María xogaba, bailaba...Pero alguén máis andaba por alí: a escuridade. En vez de sentir medo empezou a bailar e a xogar con ela. Fixeronse grandes amigas, pero cando María prende a luz, a escuridade sabe que é hora de dicir boas noites.

09/05/2012

A CASA DOS GATOS

 Nerea e Brais relatáronnos o seguinte conto: Érase unha nai que tiña unha filla e unha fillastra.A esta última sempre a mandaba traballar. Un día, mandouna a por unha leituga e cando tirou para arrincala atopouse cun buraco enorme do que partían unha escaleiras moi longas...Cantas aventuras viviría alí?

02/05/2012

A viaxe do bisavó.



Despois dunha semana tan movida como a pasada coa celebración do día do libro, retomamos os nosos contacontos dos mércores. Hoxe os nosos compañeiros Iago e Sergio relataron o conto dun bisavó que tiña moitas ganas de cruzar o mar para descubrir qué atoparía do outro lado. Con tantas cousas que tiña que facer nunca encontraba o momento para vivir esa aventura. Quen sí puido cruzar ese mar foi  a súa filla que ó atoparse do outro lado empezou a ter certa morriña.

30/04/2012

Entrega de agasallos.

Hoxe pola mañá, na nosa biblioteca houbo entrega de premios para tódolos participantes no noso Certame Literario.

SEMANA DO LIBRO.

Ao longo desta semana tivemos uns recreos moi distintos, xa que, apareceron uns contadores de contos !!!  Relataban distintas aventuras para quen quixera escoitalos.
Paralelamente a isto, hai por todo o cole uns sitios chamados punto libro. Alí podes coller un conto para ler, ben sexa no cole ou na túa casa. Pero coidadiño, con que volva ó seu sitio para que outro compañeiro/a poida disfrutar del.

20/04/2012

OBRADOIRO DE CARAVEIS

Esta semana nos recreos os alumnos/as fixeron caraveis. O luns día 23, co motivo do día do libro, cada neno/a será agasallado cun caravel.

19/04/2012

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


O  vindeiro luns 23 de abril celébrase o día  do libro. Durante toda a semana realizaremos actividades para festexalo. Entre elas podemos destacar: obradoiro de caraveis, punto libro, contadores de contos no recreo, IV certame literario con data límite de entrega o venres 27 de abril.